Friday 03 de May de 2024

Mesa informativa da AECC no Día Mundial contra o Cancro de Colon este xoves no Centro de Saúde


A asociación informará e resolverá as dúbidas da cidadanía de 10 a 13:30 h

Mañá xoves, Día Mundial contra o Cancro de Colon, a Asociación Española contra o Cancro (AECC) desplegará en Neda unha das súas mesas informativas. Baixo o lema “O outro test do que ninguén fala, pero que che pode salvar a vida”, estará nas inmediacións do Centro de Saúde, en horario de mañá (de 10 a 13:30 h), para atender as consultas da cidadanía e resolver as súas dúbidas. E, sobre todo, concienciar sobre a importancia de realizar o test de sangue oculto en feces no Servizo Galego de Saúde, xa que se é detectado a tempo, o cancro de colon pódese curar ata nun 90% dos casos.